Descripción

Descripción

O noso proxecto “S.O.S: Sustain our Souls” parte da actual necesidade vital de darlle valor ao noso patrimonio natural, o noso hábitat herdado, xa que é a nosa identidade; a nosa alma. Centrámonos especialmente en investigar o entorno natural e cultural do alumnado, en espertar a súa consciencia sobre o valor tan especial que ten o seu hábitat persoal e en plantarlle cara aos perigos dun mundo virtual. Mirando con atención a natureza, a terra e as persoas que temos ó redor pretendemos conseguir que as xeracións máis xoves leven un estilo de vida máis saudable e traballen voluntariamente polo ben común.