Autor: erasmusx

Recent News

Proxecto europeo para o Instituto Terra de Xallas

O IES Terra do Xallas participará nun proxecto de intercambio escolar SOS: Sustain of Souls, xunto a outras cinco entidades de Alemania, Grecia, Italia, Polonia e Rumanía. A actividade enmárcase dentro do programa Erasmus+ da Unión Europea. Entre o próximo 18 e o 22 de febreiro, en Santa Comba recibirán a representantes dos distintos países. O obxectivo do programa é concienciar aos alumnos da importancia da natureza e mellorar as competencias comunicativas, neste caso a través do inglés. A semana pasada, as dúas profesoras que coordinan o proxecto en Santa Comba, Ana Isabel López Novo e Marisol Lorenzo, viaxaron a Grecia para presentar o programa ante os seus socios comunitarios.

Fonte: El Correo Gallego

 

Recent News

O IES Terra do Xallas participa nun programa europeo…

O IES Terra do Xallas participará no proxecto “SOS:Sustain of Souls” xunto con outras cinco entidades de Alemaña, Grecia, Italia, Polonia e Romanía. Trátase dun proxecto de intercambio escolar que se enmarca dentro do programa Erasmus + financiado pola Unión Europea.Fontes do centro xalleiro informaron que “o propósito xeral do proxecto é analizar a perda de contacto que as xeracións máis novas están a ter coa natureza, co traballo da terra, ca orixe dos alimentos, co xogo ó aire libre e, en definitiva, con todo o que os rodea, incluídas as persoas”.Realizaranse diferentes actividades, algunhas en colaboración co concello de Santa Comba,nas que o alumnado fará un estudo comparativo entre a relación que a xeración dos avós e avoas tiña coa natureza e a que teñen eles no presente.

“SOS:Sustain of Souls” persegue concienciar ao alumnado da importancia da natureza e mellora a competencia comunicativas, en especial do inglés por ser a lingua común do proxecto. Tamén pretende afondar no significado de Unión Europea.

Presentación en Grecia

As dúas profesoras coordinadoras do proxecto, Ana Isabel López Novo e Marisol Lorenzo, viaxaron a semana pasada á escola 1 EPAL de Tríkala, en Grecia, onde presentaron o IES Terra do Xallas aos cinco socios europeos e sentaron as bases do proxecto. O primeiro encontro de intercambio escolar realizarase en Santa Comba entre o 18 e 22 de febreiro, semana na que o alumnado dos outros países será acollido aquí polas familias do alumnado participante no proxecto.

Erasmus+ é un programa europeo de educación e formación creado pola Unión Europea para favorecer as relacións multilaterais entre estudantes e profesorado dos países membros, para favorecer o desenvolvemento persoal e mellorar as perspectivas laborais mediante a aprendizaxe e experiencias que permiten incrementar as capacidades e habilidades dos participantes. En España a xestión e supervisión dos programas son levadas a cabo polo Servizo Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE).

Fonte: Adiante Galicia