Erasmus+

Erasmus+ é o programa da UE para apoiar a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. O seu orzamento, de 14 700 millóns de euros, brindará a máis de 4 millóns de europeos a oportunidade de estudar, formarse e adquirir experiencia no estranxeiro.

Pero Erasmus+, que ten unha duración prevista até 2020, non vai só dirixido aos estudantes. Ao ser resultado da fusión de sete programas anteriores, ofrece oportunidades a gran variedade de persoas e organizacións.

Erasmus+ contribúe á Estratexia Europa 2020 para o crecemento, o emprego, a xustiza social e a inclusión, e aos obxectivos do marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación (ET 2020).

Erasmus+ quere tamén promover o desenvolvemento sustentable dos países asociados no ámbito da educación superior e contribuír á realización dos obxectivos da estratexia da UE para a mocidade.

Dentro do programa exponse os seguintes temas específicos:

  • Reducir o desemprego, especialmente entre os mozos
  • Fomentar a educación de adultos, especialmente nas novas competencias e cualificaciones esixidas polo mercado laboral
  • Animar aos mozos a participar na vida democrática de Europa
  • Apoiar a innovación, a cooperación e as reformas
  • Reducir o abandono escolar prematuro
  • Promover a cooperación e a mobilidade cos países asociados da UE