É un xogo ó aire libre no que os participantes teñen que encontrar un tesouro escondido usando un dispositivo de GPS e a aplicación de móbil Geocaching. “Geocach” é o nome que se lle dá á caixa ou paquete escondido. Hai millóns de geocaches en 190 países esperando a ser descubertos.
No noso proxecto Erasmus+ fixemos a nosa versión particular do xogo, comezando por un punto totalmente diferente: prohibidos os teléfonos móbiles. Con todos os dispositivos tecnolóxicos que nos sinalan as coordenadas xeoespaciais, as persoas xa non sabemos orientarnos polos nosos propios sentidos. Por tanto, prohibimos calquera sistema de xeolocalización para que sexamos capaces de orientarnos por nós mesmos e desenvolver un mellor sentido da dirección cara os puntos cardinais.
Eleximos a zona da casa-mina de Varilongo, ó lado da canteira, para reflexionar sobre os impactos negativos que as grandes empresas mineiras causan no medio ambiente.Bótalle un ollo ó logbook, o caderno onde anotar as respostas. As respostas e as pistas son acerca do medio ambiente, árbores e rochas, pero tamén hai retos como cantar, debuxar ou ler un trabalinguas en español.Podes mirar os itinerarios para cada grupo, xa que todos os grupos teñen que pasar polos mesmos lugares e realizar os mesmos retos, pero en distinta orde.Segue as instrucións e supera os retos. As alumnas que guían tamén son as xuízas. Boa sorte!
Os e as gañadoras son: Marco Francesco Sgura, Małgorzata Florkiewicz, Ariane Hahn, Ioana Bianca Lupu, Dimitrios Zisopoulos and Kayla Vilariño.
Rosalía de Castro s/n. 15840. Santa Comba (A Coruña). Galicia.
881 867 080