De acordo co noso proxecto, temos que facer un mapa de zonas verdes. O alumnado ten que poñer a súa zona no mapa e completalo con información relevante desde o punto de vista biolóxico. Para acadar este obxectivo, preparamos a seguinte actividade: unha ruta de sendeirismo para gravalo no GPS grazas á aplicación chamada WikiLoc.
Escollemos un treito á beira do río Xallas entre a ponte de Randufe e A Xesteira. Ao descargar a aplicación gratuíta chamada WikiLoc, podemos gravar a ruta no GPS. Cando sacamos unha foto por medio da aplicación, creamos un “waypoint” –sinalizado no mapa cunha bandeiriña amarela- o que nos permite editar información.
Cinco alumnas, guiadas pola profesora de Bioloxía Aurora Puentes, estiveron encargadas de transmitir a información: Paula Antelo, Nerea Ferreiro, Noemí Jallas, Alba Pichel and Uxía Tasende. O grupo de 43 alumnos/as e profesorado dos nosos 5 países socios disfrutaron da camiñata rodeados de natureza durante dúas horas, e aprenderon sobre a vexetación común á beira do río en Santa Comba: Árbores comúns como os carballos, castiñeiros, piñeiros, freixos, ameneiros e bidueiros. Prados. Vexetación ripariana. Árbores caídas. Plantas comúns en Galicia, como os fentos. Pequenas illas e plantas acuáticas. Especies invasoras como o eucalipto. Impactos negativos no medio ambiente, como as minas, canteiras e plantas hidroeléctricas. Cambio climático: temperaturas pouco usuais en febrero, demasiada calor para esta época do ano.
Despois da camiñata, tivemos que usar a aula de informática para aprender a editar a ruta. Os nosos obxectivos últimos son dous: Axudar ao Concello de Santa Comba a promocionar a zona a un nivel internacional. Mostrar aos nosos socios como usar esta aplicación ou similar nos seus propios países, de tal xeito que poidan ensinar ao seu alumnado sobre a natureza das súas zonas.
O Concello de Santa Comba axudounos con efectivos de Protección Civil e coa colaboración do técnico de xuventude José Manuel Vázquez.
Rosalía de Castro s/n. 15840. Santa Comba (A Coruña). Galicia.
881 867 080